A Minimoni encántalle pintar mil cousas de cores: xoaniñas vermellas, ceos azuis, plátanos amarelos… pero nunca pintou un bico. De que cor será? Vermello coma unha deliciosa salsa de tomate? Non, porque tamén é a cor de cando estás enfadado… Será verde coma os crocodilos, que sempre lle pareceron tan simpáticos? Imposible, porque é a cor das verduras, e non lle gusta comelas! Como podería pescudar de que cor é un bico?
Minimoni compara os sentimentos e sensacións que sente ó dar e recibir bicos, con diferentes elementos e cores. Por iso esta é unha obra perfecta para traballar o recoñecemento e a xestión das emocións.
- Autora: Rocío Bonilla.
- Editorial: Algar
- Número de páxinas: 32
- Encuadernación: tapa dura.